Anuncios
Ticker de novas

Novo “Venres de Son” en Gondomar con Rivergood e DudeCan

Este venres 10 de agosto continúan os “Venres de Son”, incluídos no programa “Cultura de Verán” organizado pola Concellería de Cultura de Gondomar. Rivergood, ou o que é o mesmo Mario Riobó (cantante de Shoubinhas e The Coverment) en formato acústico, actuará ás 23:00 horas na Praza Paradela, onde os asistentes poderán gozar de clásicos da historia da música Rock, Blues, Soul… e algún que outro hit propio. Ás 00:30 será a quenda de DudeCan, que ofrecerá un concerto na Praza Rosalía de Castro. O grupo, que conta con varios compoñentes de Gondomar, bebe do Funk e o Ska e suma músicas do mundo con matices de Soul, Rock e Jazz.

Anuncios