Sin categoría

Milladoiro volve a Baiona co seu disco “Atlántico”

O programa Musigal 2018 da Deputación de Pontevedra ofrece este venres 10 de agosto en Baiona o concerto de Milladoiro, que comezará ás 23:00 horas no Parque da Palma e no que presentarán o seu último disco titulado “Atlántico”. O programa Musical 2018 nace co obxectivo de favorecer a programación artística por parte dos concellos e diríxese especificamente aos grupos e artistas profesionais de música. Un dos seus obxectivos é a dinamización da lingua galega, en canto que busca favorecer a vivencia positiva no noso idioma e contribuír á posta en valor da lingua galega e ao incremento do seu uso e prestixio, á socialización en galego da infancia e da mocidade e á toma de consciencia sociolingüística da poboación da provincia de Pontevedra.

A historia de Milladoiro

Tres levaban percorrendo Galicia nas romarías, nas festas, nos teatros… sempre en contacto cos vellos gaiteiros herdeiros directos da tradición: Os Campaneiros, os irmáns Garceiras, os Areeiras, os Rosales e un longo etcétera foron colegas, mestres e compañeiros. Son Xosé V. Ferreirós, Nando Casal e Ramón García Rei que formaban “Faíscas do Xiabre”, grupo de música tradicional nacido á beira do Ulla, en Catoira, que deixou un fermoso disco titulado “In Memoriam”.

Doutra banda estaban dous músicos que anos antes colleran a teima das sonoridades e instrumentos medievais. Naquela época a zanfona, a cítola, a ocarina, o freixolé converteron os seus pasos nunha especie de peregrinaxe por Galicia adiante buscando quen as tiña, quen as facía, onde se podían atopar. Eran tempos non abondosos e a inquedanza era testemuño dunha realidade precaria, pero aínda así apostaron por emprender o camiño. Son Rodrigo Romaní e Antón Seoane. Froito do seu traballo naceu o disco “Milladoiro”, Premio da Crítica no ano 78.

Coñeceron a quen nese tempo botaba a andar o cerne do futuro Grupo de Cámara da Universidade de Compostela. Fondos musicais de catedrais e arquivos de música antiga eran o seu afán, e así pasaron de cinco a seis coa chegada de Xosé A.Milladoiro no 84 Méndez. Tan só faltaba atopar violinista, tarefa case que imposible na Galicia de entón, mais a emigración foi xenerosa e devolveu ao país a quen marchara no seu día: Laura Quintillán, violinista de Milladoiro nos anos 79 e 80. Posteriormente substituída por Michel Canada.

Actualmente o posto de violinista na formación vén sendo ocupado por Harry.c.

No ano 2000, prodúcese no grupo o relevo de Rodrigo Romaní coas incorporacións do harpista Roi Casal e mais do guitarrista Manú Conde.