Inscricións abertas para participar no XVI Torneo de Pesca Deportiva Infantil de Baiona

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // Torneo de Pesca Deportiva Infantil de Baiona.

A Concellería de Deportes e Actividades Marítimas de Baiona organiza o vindeiro venres 17 de agosto o XVI Torneo de Pesca Deportiva Infantil, que se desenvolverá desde as 17:30 ata as 19:30 horas no porto pesqueiro. Poderán participar as categorías Sub 8, Sub 12 e Sub 16, todas elas mixtas.

Os participantes deberán permanecer acompañados dunha persoa maior de idade e entregar as capturas á mesa de pesada dentro da bolsa que facilita a organización. En acción de pesca, deberán portar a cana, cravar o peixe e loitar con el ata a súa extracción da auga.

As inscricións son gratuítas e deberán facerse no Pavillón de Deportes de Baiona, no teléfono 986 356 558 ou no correo electrónico deportes@baiona.org. Haberá trofeo e medalla para os tres primeiros clasificados, premio ou trofeo á peza de maior peso e ao maior número de pezas e agasallos para todos os participantes.