A Carrasca celebra a súa oitava festa de ovos con chourizo

O Centro Cultural e Deportivo Bolos da Carrasca, coa colaboración do Concello de Nigrán e a Deputación de Pontevedra, organiza este venres 10 de agosto a festa gastronómica de ovos con chourizo no “Xogo dos Bolos” da Praza da Carrasca a partir das 21:30 horas. O evento, que cumpre a súa VIII edición, estará amenizado polo Grupo de Gaitas Vai na Herba da Asociación de Veciños “O Freixo” de Vigo.

Anuncios