Música e contos con Anxo Moure e Silvia Penide en Baiona

O programa de artes escénicas “Vive o Camiño” ofrecerá este xoves 9 de agosto ás 21:00 horas nos Xardíns da Casa da Navegación de Baiona a actuación do contacontos Anxo Moure coa súa particular proposta de contos e historias das árbores do Camiño Portugués, que concienciará da importancia de protexer o patrimonio forestal da ruta xacobea, e o concerto da cantautora galega Silvia Penide, co seu espectáculo “Feminino Plural”.

“Vive o Camiño” ofrecerá durante este verán máis de 40 actividades gratuítas e dirixidas a todos os públicos, que se celebrarán nos concellos galegos do Camiño Portugués e do Camiño Portugués da Costa. Desde finais de xuño e ata o próximo mes de setembro, esta iniciativa de promoción e dinamización dos itinerarios xacobeos encherá de música e teatro numerosas rúas e prazas das provincias de Pontevedra e A Coruña.

Anuncios