Anuncios
Ticker de novas

Inscricións abertas para participar na I Baixada de Carrilanas de Gondomar

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // Baixada de Carros de Bólas en Camos.

O vindeiro domingo 19 de agosto a Concellería de Deportes do Concello de Gondomar organiza a I Baixada de Carrilanas, evento que se celebrará no Monte Galiñeiro, en Vincios, incluído no programa “Cultura de Verán”. Pola mañá, entre as 11:00 e as 13:00 horas, terán lugar as verificacións, mentres que a proba, puntuable para o campionato galego, dará comezo ás 17:00 horas, con finalización prevista para as 20:00 horas. Poderán participar as modalidades Street Luge, Long Board, Skeleton, Pneumática GX, Pneumática C1-C4, Madeira, Patinaxe de Descenso, Gravity Bike, Rodamentos, Pneumática C8-C9, Drift Trike e Simpatía. Os interesados en participar poden inscribirse na web da Federación de Deportes de Inercia. Máis información no teléfono 608 748 393.

Anuncios