Anuncios
Ticker de novas

Festas patronais na honra de San Lourenzo en Belesar

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // Procesión de San Lourenzo en Belesar.

A parroquia baionesa de Belesar celebra os días 9, 10 e 11 de agosto as súas festas patronais na honra de San Lourenzo.

O xoves 9 ás 16:00 horas o grupo de gaitas Castro da Pedra Moura de Donas percorrerá a parroquia e, pola noite, a partir das 22:00 horas, a orquestra La Ola ADN e o grupo M3 amenizarán a verbena no novo recinto da Estivada

O venres 10 ás 12:00 do mediodía celebrarase a Misa Solemne con sermón e cantada pola Coral San Lourenzo de Belesar. A continuación sairá a procesión acompañada pola Agrupación Musical de Belesar. Ás 18:00 horas terá lugar o partido de fútbol entre solteiros e casados no campo da Estivada, e pola noite, ás 22:00 horas, comezará a verbena a cargo das orquestras Ceniza Band e Costa Blanca no novo recinto da Estivada.

O sábado 11 ás 17:00 horas celebraranse as tradicionais cucañas no recinto de Media Aldea, e pola noite, ás 22:00 horas, o trío Versus e o dúo Oro Negro amenizarán a verbena no torreiro de festas de Belesar.

Anuncios