Sin categoría

Xeira polo futuro parque forestal de Os Matos, en Camos e Chandebrito

O Concello de Nigrán ofrece mañá martes 7 de agosto ás 18:30 horas a través do Instituto de Estudos Miñoráns unha ruta polo río Táboas, na zona de Camos e Chandebrito, que comprenderá o futuro parque forestal “Os Matos”. Trátase da sétima Xeira de Verán do IEM, e estará guiada por Xosé Ramón García. O punto de encontro será na Igrexa de Camos, onde o cemiterio. A xeira contará con dous intérpretes en lingua de signos. A vaga de lumes do 15 de outubro de 2017 cebouse nesta contorna pola que discorre a ruta e que será o primeiro parque forestal do Val Miñor, espazo que se estenderá ao longo e ancho de 42 hectáreas na zona común de Os Matos, nas ribeiras do río Táboas, o que dá orixe ao principal río do Concello, o Muíños.