O Stella Maris Season Fest consegue convocar a máis de 5.000 persoas

Loquillo no Stella Maris Season Fest.

Loquillo pechou onte a segunda edición do Stella Maris Season Fest. Máis de 2.000 persoas abarrotaron o recinto do campo de Lourido para gozar do concerto no que a estrela do rock presentaba o seu álbum recompilatorio “40 años de Rock ´n´ Roll Actitude”. A banda Chelsea Boots actuou como teloneira.

Desde a organización do evento, a empresa Elemental Street, din sentirse moi satisfeitos cos resultados desta edición. Segundo informan, o festival conseguiu atraer a Nigrán a máis 5.000 persoas, entre os tres días. Para Isaac González, director do Stella Maris Season Fest, o balance é “moi positivo”. “Sabiamos que a idea de mesturar públicos tan distintos nun só evento era arriscada e as tres propostas funcionaron moi ben”, sinala. “Non queremos que ao Stella Maris Season Fest tráteselle como un festival ao uso porque non o é. Non poñemos o foco nun único tipo de público. E, con esta edición, o obxectivo está cumprido”, conclúe.

Os concertos de Café Quijano e Loquillo e a homenaxe a Dyango da Coral Stella Maris, conseguiron convocar a máis de 5.000 persoas nun recinto no que o público tamén puido gozar de sesións de Dj´s ou de comida rueira servida en foodtrucks.

A empresa promotora do Stella Maris Season Fest, que contou coa colaboración do Concello de Nigrán e marcas privadas, ponse a traballar xa para a edición do próximo ano.

Anuncios