Anuncios
Ticker de novas

Gustavo Almeida e a súa banda pechan as Festas da Anunciada

Baiona pecha este luns as Festas da Anunciada co concerto de Gustavo Almeida e a súa banda, que comezará ás 23:00 horas na Praza do Concello, incluído tamén na programación cultural e de lecer Baiverán 2018. Gustavo Almeida, nacido en Río de Janeiro (Brasil), conta con tres discos e está a piques de presentar o cuarto. Navega entre o funk e o pop máis sofisticado, con melodías e harmonías influenciadas polo seu Brasil natal.

Anuncios