“Cine na Praza” en Sabarís coa película “Gru 3. Mi villano favorito”

Este martes 7 de agosto continúa o ciclo “Cine na Praza”, incluído na programación cultural e de lecer Baiverán 2018 organizada pola Concellería de Cultura do Concello de Baiona. Ás 23:00 horas proxectarase a película “Gru 3. Mi villano favorito” na Praza Victoria Cadaval de Sabarís. O seu enfrontamento co supervilán Balthazar Pratt -unha antiga estrela infantil que converteu en real ao personaxe que encarnou na década de 1980- leva a Gru e a Lucy a ser despedidos como axentes secretos. Con todo, esa non será a sorpresa máis desagradable que lle espere a Gru.

Anuncios