Bolos Ceán proclámase campión da IV Copa España de bolos celta

FOTO: FGB // Club de Bolos Ceán.

Este fin de semana celebrouse en Camos (Nigrán) a IV Copa España de bolos celta por equipos, coa participación dun total de 44 tripletas das comunidades de Asturias, Galicia e Madrid. A competición comezou ás 10:00 e rematou ás 00:00 horas do sábado. A fase final dende as 9:30 ata as 13:30 horas do domingo, rematando coa entrega de trofeos aos equipos gañadores, nun acto presidido polo alcalde, Juan González.

O equipo campión foi o Club de Bolos Ceán. Bolos A Xunqueira (Gondomar) foi subcampión e Bolos San Cibrán (Gondomar) o terceiro clasificado. Bolos Peitieiros (Gondomar) foi cuarto, Bolos Camos (Nigrán) quinto, Bolos Mañufe (Gondomar) sexto, Bolos Belesar Urgal (Baiona) sétimo e Bolos La Panera (Cangas del Narcea-Asturias) oitavo.

A próxima cita bolística será en Asturias (Cangas de Narcea e Tineo) o vindeiro fin de semana, no que se disputarán os Campionatos de España de equipos de 1ª e 2ª categoría.