XXV Semana Cultural do Centro Cultural e Deportivo Bolos da Carrasca

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // Centro Cultural e Deportivo Bolos da Carrasca.

O Centro Cultural e Deportivo Bolos da Carrasca, coa colaboración do Concello de Nigrán e a Deputación de Pontevedra, inicia este martes 7 de agosto a súa semana cultural coas actuacións ás 22:00 horas das Pandereteiras Bouzacoba da Asociación de Veciños “O Freixo” de Vigo e Hugo Chamizo e Rosa Jiménez. O mércores á mesma hora será a quenda de Anxo Moure & Servando Barreiro. O xoves estará dedicado aos máis pequenos con inchables, contacontos, globoflexia, maquillaxe artística e algunha sorpresa máis desde as 17:30 horas. Xa o venres celebrarán a súa tradicional “Festa do ovo frito con chourizo”, que cumpre a súa VIII edición, desde as 21:30 horas, amenizada polo Grupo de Gaitas Vai na Herba da Asociación de Veciños “O Freixo” de Vigo. Todas as actividades serán na Praza da Carrasca.

Anuncios