Priegue celebra as festas de San Mamede con verbena e porco ao espeto

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // San Mamede en Priegue.

A parroquia nigranesa de Priegue celebra as festas do seu patrón, San Mamede. O martes, 7 de agosto, haberá verbena no torreiro a partir das 22:30 horas co grupo Tribal. O sábado 11 de agosto a partir das 14:00 horas tamén no torreiro, celebrarase unha comida con porco ao espeto. A comida, bebida e sobremesa cotará 17 euros por persoa. Reservas nos teléfonos 665 635 462 ou 677 164 203. O aforamento está limitado a 80 persoas.