Anuncios
Ticker de novas

Cinco feridos tras a caída dun falso teito nun restaurante de Baiona

Cinco persoas resultaron feridas ao redor da medianoite deste sábado tras a caída dun falso teito na segunda planta do restaurante Recuncho Mariñeiro, situado na rúa Ventura Misa de Baiona, no corazón do centro histórico.

Tiveron que ser trasladados a centros sanitarios polas feridas sufridas tres mulleres, un home e un menor. O 061 Urxencias Sanitarias de Galicia recibiu o aviso ás 23:56, desprazándose ata o lugar dúas ambulancias asistenciais e efectivos da Policía Local.

Dúas das feridas, V.G.F., de 26 anos, e L.R.V., de 27, así como un home, D.G.A., de 22, foron trasladados ao centro hospitalario Povisa de Vigo. A outra muller, M.C.C., de 39 anos, foi evacuada ao Hospital Álvaro Cunqueiro, e o menor de idade, ao Hospital Fátima de Vigo.

Anuncios