Anuncios
Ticker de novas

Rescatada unha muller de avanzada idade que se afogaba en Praia América

Os Socorristas do Val Miñor rescataron esta tarde a unha muller que se afogaba en Praia América, en Nigrán. A vítima, de avanzada idade, non foi capaz de recuperarse ao estar boca abaixo na auga. A rápida intervención do socorrista e dos sanitarios conseguiron estabilizala. A muller, ao parecer unha veraneante do municipio, foi trasladada nunha UVI Móbil do 061 ao Hospital Álvaro Cunqueiro. Tamén este sábado, un home inconsciente tivo que ser atendido no mesmo areal. Foi trasladado por unha ambulancia asistencial ao mesmo centro hospitalario vigués.

Anuncios