Ante as queixas da veciñanza da parroquia de Chandebrito, no municipio de Nigrán, que afirman que non reciben correo postal algún dende hai varias semanas, a Asociación Veciñal Chandebrito 1807 vén de solicitar de Correos e por escrito información a respecto de se o reparto nesta zona se vén realizando de xeito regular, e se non é así, lles expliquen o motivo da incidencia, e se poñan os medios axeitados para a súa solución inmediata.
Queixas en Chandebrito pola falta de reparto do correo

