Conato de incendio forestal en Baredo

Ás 18:36 horas desta tarde declarouse un incendio forestal na parroquia baionesa de Baredo. Segundo informaron desde a Consellería de Medio rural as chamas quedaron controladas ás 19:45 e arderon un total de 0,25 hectáreas de monte. Na súa extinción participaron 3 axentes, 4 brigadas, 2 motobombas e 1 helicóptero. Ata a zona tamén se desprazaron axentes da Garda Civil.