Castro e Ladeira prepara a III Festa da Cervexa e Salchicha Alemá

FOTO: CASTRO E LADEIRA

A Asociación de Veciños Castro e Ladeira de Sabarís organiza a III Festa da Cervexa e Salchicha Alemá “Oktoberfest” do 9 ao 12 de agosto. Durante os catro días, veciños e visitantes poderán degustar cervexas e salchichas alemás desde o mediodía ata as 2 da madrugada, acompañadas de música en directo, baixo unha carpa instalada na chaira situada xunto á rotonda do cámping da Ladeira.

Haberá postos que despacharán cervexas de trigo, louras e torradas, ademais de salchichas de varios tipos e tamaños acompañadas de diversas salsas. Os asistentes tamén poderán degustar pratos autóctonos como a orella ou o lacón, entre outros, e gozar das actuacións en directo de Roberto Caco a partir das 21:00 horas. Para os máis pequenos, inchables e pallasos.