Anuncios
Ticker de novas

Baiona reforza o servizo de recollida de lixo durante o mes de agosto

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // Camión do servizo de recollida do lixo de Baiona.

A Concellería de Medio Ambiente de Baiona puxo en marcha este venres un servizo extra de recollida de residuos orgánicos en horario de tarde, que se prolongará ata o 20 de agosto. A iniciativa xa tivo unha gran acollida por parte de ACEBA e dos establecementos de restauración en anos anteriores.

Os establecementos deberán trasladar as bolsas pechadas de residuos ata os colectores de carga lateral que teñan máis preto desde as 16:00 ata as 17:00 horas. Os puntos de colectores incluídos neste servizo son o de Santa Liberata, o da zona da Oficina de Emprego, o situado no Hotel Pinzón e o da contorna do Porto Pesqueiro.

Anuncios