Anuncios
Ticker de novas

A Coral Stella Maris homenaxea a Dyango en Praia América

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // Coral Stella Maris.

Continúa en Praia América (Nigrán) o festival Stella Maris Season Fest. Tras a xornada do venres, con Fei Dj, Los Árboles, Café Quijano e Gin Toni’s, hoxe sábado, pensado xa para un público distinto, será o día que a Coral Stella Maris interprete un repertorio homenaxe a un dos cantantes máis emblemáticos da canción lixeira española: Dyango. Será unha noite de moitas sorpresas que arrancará ás 21:00 horas. O cantante, que estará presente no festival, subirase tamén ao escenario para cantar algúns dos temas máis coñecidos da súa carreira. A entrada para este concerto é gratuíta.

O Stella Maris Season Fest abre as súas portas ás 19:00 horas coa sesión de Fei Dj. Ao mesmo tempo, o público poderá empezar a gozar da mellor comida rueira na zona gastro en calquera dos seis foodtrucks que aparcarán no recinto. Tamén poderá achegarse aos postos do mercado de produtos vintage. Ás 21:00 horas, dará comezo o concerto da Coral Stella Maris e Dyango e, para finalizar a segunda xornada, volverá subirse ao escenario Fei Dj.

O fin de festa chegará o domingo cun dos pratos fortes do festival: o concerto de Loquillo. Igual que os días anteriores, o recinto abrirase ás 19:00 horas. O Dj RockJuan abrirá a xornada ata o comezo do concerto de Chelsea Boots, que empeza ás 21:00 horas. Ás 23:00 horas chegará un dos momentos máis esperados do Stella Maris Season Fest, o concerto de Loquillo.

Entradas á venda online e no propio despacho de billetes do recinto

Os promotores do evento, a empresa viguesa Elemental Street, informa de que aínda se poden comprar as entradas online e tamén no propio despacho de billetes habilitado na entrada do recinto calquera dos tres días do evento.

Anuncios