Este venres 3 de agosto continúan os “Venres de Son”, incluídos no programa “Cultura de Verán” organizado pola Concellería de Cultura de Gondomar. O cantautor baionés Urbano Cabrera actuará ás 23:00 horas no Centro de Saúde. As súas coidadas letras son unha mestura de temáticas sociais e reivindicativas que falan de loita, de rebeldía, de solidariedade, de amor e de desamor e das relacións entre seres humanos. A súa música é fonda, acústica, que convida a pechar os ollos e soñar. Ás 00:30 será a quenda de La Patrulla, que ofrecerá un concerto na Praza Rosalía de Castro. Nacido en Baiona no ano 2015 como un grupo de versións dos 80, 90 e actual, é unha banda de pop-rock formada por Javi (batería), Mon (guitarra e voz), Norio (guitarra), Tortuga (coros), Antonio (técnico de son) e Big J (baixo).
Urbano Cabrera e La Patrulla, protagonistas do “Venres de Son” en Gondomar

