O Gondomar Club de Fútbol xa está traballando de cara a unha nova tempada. O equipo de César Sánchez iniciou na tarde deste martes os adestramentos no campo municipal das Gaiandas tras unhas breves palabras do alcalde, Paco Ferreira, que acudiu á presentación acompañado pola Concelleira de Deportes, Nuria Lameiro. O rexedor desexoulles moitos éxitos nesta tempada que comeza e mostrou a súa disposición e apoio ao novo proxecto.
Nova fichaxe
Outro afincado no Val Miñor incorpórase ao novo proxecto do Gondomar Club de Fútbol, o atacante de 24 anos Kike Vila, que chega ao equipo procedente do Gran Peña. Formado nas categorías inferiores do RC Celta, tamén militou no Alertanavia e no Valadares. O xogador afirma que «paréceme un proxecto con ambición, e que teño ganas de subir o equipo á Preferente».



