Sin categoría

Concerto de Greenvelvet en Baiona

Este xoves 2 de agosto continúa o Baiverán 2018 cun concerto de Greenvelvet na Praza do Concello de Baiona a partir das 23:00 horas. Trátase dunha banda de versións e temas propios de rock e pop (Secretos, ECDL, Maná, Ronaldos, Hombres G, Loquillo, Leiva, Dire Straits, Stones, Pólice, Beatles…) que deu concertos nos mellores sitios de Madrid e percorreu España co seu repertorio cargado de forza e enerxía.