Anuncios
Ticker de novas

O Nigranjazz logra unha afluencia que supera as 3.000 persoas

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // Nigranjazz.

O Nigranjazz non para de crecer edición tras edición e este ano logrou reunir a máis de 3.000 persoas, o que supón un aumento de case mil respecto da edición de 2.017. Así pois o evento que conta xa con doce anos ás súas costas ofreceu o pasado venres e sábado unha velada diferente, na que a música de calidade foi o seu máximo expoñente traída da man dos mellores do xénero. Tríos, quintetos ou “jam sessions” foron algunhas das actuacións expostas, a través de artistas da talla do holandés Jesse Van Ruller, Voro García, Peter Bernstein ou Xacobe Martínez Antelo, entre outros. Así pois os mellores do territorio galego compartiron espazo con outros de talla internacional nun marco incomparable como o estuario da Foz.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Anuncios