O Centro Cultural de Baíña organiza unha excursión ao parque acuático de Cerceda

O Centro Cultural e Social de Baíña organiza unha excursión ao parque acuático de Cerceda na Coruña o vindeiro domingo 19 de agosto, con saída ás 10:00 da mañá desde o Centro Cultural e regreso aproximado ás 21:30 horas. O prezo é de 10 euros para nenos menores de 12 anos, de 15 euros para menores de ata 16 anos e de 18 euros para os adultos, incluíndo autobús e entrada ao parque. Os interesados poden anotarse ata o 12 de agosto no teléfono 653 684 969. Cobrarase ao anotarse.