Concerto de Mariachi Vigo en Baiona

Mariachi Vigo ofrecerá este mércores 1 de agosto un concerto na Praza do Concello de Baiona a partir das 23:00 horas, incluído no programa cultural e de lecer Baiverán 2018 organizado pola Concellería de Cultura. Trátase dunha agrupación afincada en Galicia e formada por profesionais latinoamericanos con máis de 20 anos de experiencia en Mariachis. Cunha filosofía que descansa no traballo constante, perfección e dedicación para obter o beneplácito do público en xeral.

A súa misión é transmitir a alegría característica dun mariachi e captar a maior cantidade posible de sorrisos e aplausos do público, cun repertorio constituído por diferentes ritmos e xéneros entre os cales destacan o Pasodobre, Polka, Bolero, Bolero Moruno, Huapango, Son, Rancheira, Corrido, Joropo, etc. Nas súas actuacións destacan pezas tradicionais como “El son de la negra”, “Las mañanitas”, “Cielito lindo”, “México lindo y querido”, “La malagueña”, “Jarabe tapatío”, “Jalisco no te rajes”, “Si nos dejan”, etc.