El Patio actúa en Sabarís

A Praza Victoria Cadaval de Sabarís acollerá este domingo 29 de xullo ás 21:30 horas un concerto a cargo de El Patio, incluído no programa cultural e de lecer Baiverán 2018. Trátase dun dúo formado por Tito Castro (guitarra) e Diego Romero (voz), que ademais de versións interpreta tamén cancións propias. Interpretan temas de rumba (non flamenca), pop, rock e versións de moitos outros estilos… desde os sesenta á actualidade, en galego, español e inglés, con guitarra española, acústica ou mesmo piano.

Anuncios