Continúa o ciclo “Cine na rúa” en Gondomar coa película “Ballerina”

O Concello de Gondomar continúa este domingo día 29 de xullo o ciclo “Cine na rúa”, incluído no programa “Cultura de Verán”. Ás 22:30 horas proxectarase a película “Ballerina” no Parque Ponte de Rosas. Felicia é unha nena que, tras perder aos seus pais, vive nun orfanato na súa Bretaña natal. A súa paixón é a danza e soña con converterse nunha bailarina profesional. Para conseguilo escápase coa axuda do seu amigo Víctor e viaxa ata o París de 1879. Alí farase pasar por outra persoa para conseguir entrar como alumna da Grand Opera House e así loitar por ter a vida que desexa.