Concerto en acústico de Urbano Cabrera en Baiona

O cantautor Urbano Cabrera ofrecerá un concerto en acústico este domingo 29 de xullo en Baiona, dentro da programación cultural e de lecer Baiverán 2018 organizada pola Concellería de Cultura. Será ás 23:00 horas na Praza do Concello.

Urbano Cabrera é un cantautor baionés de ampla traxectoria no mundo da música, comprometido coa potenciación do idioma galego, en toda clase de estilos, dende o folk ata o blues. Debido ao seu carácter aberto, experimentou con diversos sons, coma o blues, o reggae , a bossanova, o jazz, o country, a música africana, o swing ou o folk máis tradicional, tal e como queda reflectido na súa discografía.

As súas coidadas letras son unha mestura de temáticas sociais e reivindicativas que falan de loita, de rebeldía, de solidariedade, de amor e de desamor e das relacións entre seres humanos. A súa música é fonda, acústica, que convida a pechar os ollos e soñar.