O Concello de Gondomar, a través da Concellería de Turismo, organiza un verán máis dúas visitas guiadas ao Pazo do Conde os luns 13 e 27 de agosto. O punto de encontro será ás 18:00 horas na Praza do Concello. A actividade, de carácter gratuíto, comprenderá un percorrido guiado desde a vila histórica ao Pazo do Conde, onde se darán a coñecer aspectos relevantes do seu valor patrimonial e da biografía de Diego Sarmiento de Acuña. As prazas son limitadas polo que é necesaria inscrición previa no teléfono 986 38 40 20 en horario de 9:30 a 13:30 e de 16:00 a 18:30 horas.
Artículos relacionados
Baiona esixe solución ao problema de cobertura de Traballo Social, Radioloxía e Fisioterapia da Xunqueira
O alcalde de Baiona, Carlos Gómez Prado, e a Concelleira de Servizos Sociais, Concepción Vara Rodríguez, esixen ao SERGAS que non obvien o problema que se está vivindo no Departamento de Traballo Social, Radioloxía e […]
Preto de 40 inscritos na segunda xornada práctica sobre enxertos de Chandebrito
A Asociación Chandebrito 1807 organiza unha nova edición da xornada de enxertos, coa finalidade de promover a conservación e posta en valor das variedades autóctonas de froita dun xeito sinxelo entre a propia veciñanza. Ante […]
Unha unidade móbil de doazón de sangue estará este martes en Nigrán
Unha unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia visitará este martes 21 de maio o municipio de Nigrán. Estará situada diante do Concello, de 10:00 a 14:30 e de 16:00 a 21:00 horas. Todo […]