Sin categoría

Presentación dun libro sobre Fraga e Fidel Castro en Baiona

O Liceo Marítimo de Baiona albergará este venres ás 20:30 horas a presentación do libro «Manuel Fraga, un gallego Cubano. Fidel Castro, un cubano gallego», escrito por Miguel Ángel Alvelo Céspedes. O acto contará coa intervención do escritor baionés Adolfo Valverde, ademais da presenza do alcalde, Ángel Rodal Almuiña. A obra, que foi prologada por Alberto Núñez Feijóo, presidente da Xunta de Galicia, establece as similitudes e diferenzas entre ambos os dous líderes políticos, un percorrido da familia Fraga-Iribarne en Cuba, que recolle os inicios da súa longa viaxe e desenvolvemento na illa en séculos pasados. Miguel Ángel Alvelo Céspedes é profesor graduado de Educación Física e Deportes pola facultade Manuel Fajardo (Provincia de Camagüey, República de Cuba). Ex director da Federación Canaria de Natación (Delegación Lanzarote), foi colaborador con diferentes medios de comunicación en Lanzarote (Canarias). É fundador do primeiro Club de Natación Rosalía de Castro Habana (Cuba).