Gondomar celebra a 3ª Feira da Cervexa Artesá

A Asociación para la Divulgación de la Cultura Cervecera Artesana de Galicia organiza este fin de semana coa colaboración do Concello de Gondomar, a través da Concellería de Comercio, a 3ª Feira da Cervexa Artesá, prevista para os días 27, 28 e 29 de xullo na Praza da Alameda. Tamén haberá postos de artesanía e un curso de fabricación de cervexa artesá, ademais de mexillóns ao vapor para acompañar a bebida. O sábado pola noite, ás 22:30 horas, actuará o grupo Heredeiros da Crus na Praza de San Bieito.

Anuncios