Brais Otero gaña o IV Torneo de Xadrez Val Miñor Sub 2200

O xadrecista do Xadrez Mos Brais Otero Nogueira proclamouse por segundo ano consecutivo gañador do IV Torneo de Xadrez Val Miñor, cun pleno de vitorias. A competición celebrouse este pasado fin de semana na sede do Club Xadrez Laroca en Cotros, cunha participación de 43 xadrecistas. Xogouse a seis roldas cunha duración de 60 minutos cun incremento de 30 segundos por movemento.

Na segunda posición quedou clasificado o laroqueiro Sergio López con cinco puntos, e na terceira posición, o coruñes do Xadrez Oroso Martín Pena Varela, con 4,5 puntos. O mellor clasificado Sub 1800 con tan só 10 anos foi o xogador da escola de Xadrez de Porto Gil Oliva Teles, con 4,5 puntos, unha das grandes promesas do xadrez lusitano.

O premio para o mellor Sub 16 foi para o xogador do Xadrez Bueu Óscar Morales Rejas, con 4,5 puntos, e o premio para o mellor Sub 1600 foi para o vigués do Xadrez Lucena Javier Caudet Soto, con 4 puntos.

Anuncios