A Banda de Gaitas Novos Aires de Couso organiza un campionato de parchís

A Banda de Gaitas Novos Aires de Couso organiza un campionato de parchís que se celebrará na Casa Veciñal da parroquia os domingos do próximo mes de setembro. Os días 2, 9, 16 e 23 disputaranse as roldas clasificatorias e o 30 os cuartos de final, a semifinal e a final. As prazas para participar son limitadas e os interesados poden inscribirse, cun prezo de 3,50 euros, no teléfono 673 465 777. Haberá premios en efectivo para os catro primeiros clasificados, 700 euros para o primeiro, 500 para o segundo, 200 para o terceiro e 100 para o cuarto.