Sin categoría

O Gondomar CF seguirá contando con Brais Pazos e suma a Mintes

Outro afincado no Val Miñor súmase ao novo proxecto do Gondomar Club de Fútbol. O atacante de 20 anos Mintes, que volve ao equipo despois de xogar no Xove Lago de Lugo, ao estar estudando en Burela, afirma que chega «con ganas devolvelo a onde merece, e axudar en todo o que sexa posible». Por outra banda, o club informa da renovación do polivalente Brais Pazos. Natural de Gondomar, chegou dende o Gondomar FB, tras pasar polo Val Miñor. O xogador de 22 anos, asegura que «decidín quedarme porque é o equipo do meu pobo, e teño moita ilusión por devolvelo a Preferente».