Renovación de Adrián Pérez e fichaxe de Antón Cabado no Gondomar CF

O centrocampista olívico Adrián Pérez Caride continuará outra tempada no Gondomar Club de Fútbol. Chegou ao equipo dende o Coruxo, despois de pasar polo Rápido de Bouzas, RC Celta de Vigo, Areosa e categorías inferiores de Santa Mariña. O xogador de 21 anos, asegura que «o que máis me chamou a atención para seguir, foi o compañeirismo deste vestiario». Por outra banda, outro afincado no Val Miñor súmase ao novo proxecto do Gondomar. O atacante de 20 anos Antón Cabado Hermida chega procedente do Nigrán CF, tras pasar polas categorías inferiores do Val Miñor e do RC Celta. Afirma que vén con moita ilusión, convencido polo proxecto do club».

ADRIÁN CARIDE