O Hotel Scala de Padrón, na Coruña, acolleu os días 29 e 30 de xuño e 1, 6, 7, 8 e 13, 14 e 15 de xullo o XXVI Campionato Galego de Billar Pool. En individual, o baionés Iago Suárez e o nigranés Brais Penela proclamáronse campións, de 4ª Categoría e Sénior 3ª Categoría respectivamente. Na modalidade por equipos, o Salón King Pool Fair Play de Nigrán fíxose co subcampionato en 3ª Categoría e o Salón King Pool Palos Largos, tamén de Nigrán, foi 3º/4º clasificado en 2ª Categoría.



