Inchables, obradoiros e festa da escuma no Paseo Ribeira de Baiona

A Concellería de Cultura de Baiona programa para a tarde deste mércores 25 de xullo obradoiros infantís e inchables no Paseo Ribeira. Desde as 17:00 ata as 21:00 horas os más pequenos poderán gozar das actividades incluídas no programa cultural e de lecer Baiverán 2018. A xornada rematará cunha Festa da Escuma.