O Centro Cultural A Cela de Baredo organiza este mércores 25 de xullo a partir das 13:30 horas a III Festa da Sardiña. A ración con sardiñas, cachelos, pan, viño ou auga terá un prezo de 8 euros para os socios e de 10 euros para os non socios. Tamén haberá ración de pizza ou empanada por 3 euros e sobremesas a 2,50 euros. O evento estará amenizado por un grupo de gaiteiros.
III Festa da Sardiña no Centro Cultural de Baredo

