Anuncios
Ticker de novas

Antonio Portela e Aída García gañan a X Subida á Groba

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // Antonio Portela metros antes de cruzar a meta.

Antonio Portela Rodríguez e Aída García López proclamáronse este sábado campións absolutos da décima edición da Subida á Groba. A proba cicloturista organizada pola Concellería de Deportes do Concello de Baiona superou os 200 inscritos, repartidos nas categorías Júnior, Sénior e Veteranos. Ademais, este ano, como novidade, as clasificacións dividíronse en BTT e Estrada.

A proba, de carácter ciclo turista – ciclo deportiva de marcado carácter popular, de curta distancia pero de duro percorrido, 11 km. cun desnivel de 620 m. e unha porcentaxe de 5,6%, comezou ás 11:00 da mañá desde o Pavillón Municipal, sendo neutralizada cun percorrido de quecemento ata a rotonda de Baredo e volta, sendo a saída oficial á altura da Virxe da Rocha.

Na liña de meta, Antonio Portela Rodríguez marcou un tempo de 30:39, tan só dous segundos por diante de Dani Loureiro e catorce segundos por baixo de Juan Luis López de Guereñu. En categoría feminina, Aída García López completou a subida en 35:38, seguida de María Cazorla Torrado e Laura González Goce. Mario García Ontiyuelo e María Cazorla Torrado repetiron como primeiro baionés e primeira baionesa.

Entregáronse trofeos aos gañadores absolutos masculino e feminino e para os tres primeiros clasificados de cada categoría, para o participante de maior idade e o máis novo, para o primeiro baionés e baionesa e ao gañador por equipos.

VENCEDORES ABSOLUTOS “SUBIDA Á GROBA 2018”

• CAMPIÓN ABSOLUTO MASCULINO
ANTONIO PORTELA RODRÍGUEZ – 30:39

• CAMPIÓN ABSOLUTO FEMININO
AÍDA GARCÍA LÓPEZ – 35:38

• CAMPIÓN BAIONA MASCULINO
MARIO GARCÍA ONTIYUELO – 32:13

• CAMPIÓN BAIONA FEMININO
MARÍA CAZORLA TORRADO – 40:44

JÚNIOR MASCULINO BTT
1º MIGUEL ALONSO DURÁN – 45:15
2º MARCOS PÉREZ FREIRÍA – 1:00:28
3º ROBERTO RODRÍGUEZ GORDO – 1:13:13

SÉNIOR MASCULINO BTT
1º ADRIÁN FERREIRA EXTREMADOURO – 37:51
2º MIGUEL ÁNGEL PEREIRA SANTOS – 37:53
3º LUIS ENRIQUE MARTÍNEZ COMESAÑA – 38:01

SÉNIOR FEMININO BTT
1ª JUDIT CAMESELLA RODRÍGUEZ – 1:16:10
2º NATALIA VIDAL DOVAL – 1:19:53

VETERANOS MASCULINOS BTT
1º JULIO DÍAZ FONTE – 36:15
2º MANUEL BUGALLO FERNÁNDEZ – 37:10
3º LUI RODRÍGUEZ GÓMEZ – 38:53

VETERANOS FEMONINOS BTT
1ª GLORIA RODRÍGUEZ GIL – 59:09
2º JANA BUBA – 1:30:32

JÚNIOR MASCULINO ESTRADA
1º EIKO ALONSO GUERRERO – 44:58
2º GONZALO LORENZO FARIÑA IGLESIAS – 47:31
3º ALBERTO GONZÁLEZ PÉREZ – 54:59

SÉNIOR MASCULINO ESTRADA
1º ÓSCAR SUEIRO RODRÍGUEZ – 31:32
2º DIEGO OLIVEIRA ABOY – 31:33
3º LUIS MOLINA – 31:45

SÉNIOR FEMININO ESTRADA
1ª LAURA GONZÁLEZ GOCE – 43:23
2º ALICIA ÁLVAREZ RIVAS – 47:48
3º MÓNICA ALARCÓN HERNÁNDEZ – 48:10

VETERANOS MASCULINOS ESTRADA
1º JUAN LUIS LÓPEZ DE GUEREÑU LAREU-BALO – 30:53
2º JOSÉ CARLOS VILA CORREA – 31:56
3º JOSÉ LUIS BLANCO ALONSO – 32:28

VETERANOS FEMININOS ESTRADA
1ª BELÉN GÁNDARA PEREIRA – 47:02
2º LYUDMYLA CHUB SÁVCHENKO – 1:02:30

EQUIPO CAMPIÓN BICICLETA DE ESTRADA
CICLISMO OIENSE

EQUIPO CAMPIÓN BICICLETA BTT
CHISPIÑAS

PARTICIPANTE DE MÁIS IDADE
MANUEL JOSÉ CRUCES PRADO – 1:10:25 – 74 AÑOS

PARTICIPANTE MÁS NOVO
RODRIGO SÁNCHEZ ARAGÓN – 46:27 – 14 AÑOS

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Anuncios