Anuncios
Ticker de novas

Gondomar inicia o ciclo “Cinema na rúa” con “Rogue One: Una historia de Star Wars”

O Concello de Gondomar inicia este domingo día 22 de xullo o ciclo “Cinema na rúa”, incluído no programa “Cultura de Verán”. Ás 22:30 horas proxectarase a película “Rogue One: Una historia de Star Wars” no Parque Ponte de Rosas. O Imperio Galáctico terminou de construír a arma máis poderosa de todas, a Estrela da Morte, pero un grupo de rebeldes decide realizar unha misión de moi alto risco: roubar os planos da devandita estación antes de que entre en operacións, mentres se enfrontan tamén ao poderoso Lord Sith coñecido como Darth Vader, discípulo do desapiadado Emperador Palpatine. Filme ambientado entre os episodios III e IV de Star Wars.

Ecopercusión

Antes do “Cinena na Rúa”, os integrantes do curso de percusión que levouse a cabo pola Concellería de Xuventude do Concello de Gondomar tomarán as rendas a ritmo de “Ecopercusión”.

Anuncios