Falece un home tras sufrir un accidente co seu vehículo en Gondomar

FOTO: GARDA CIVIL // Estado no que quedou o vehículo.

Un veciño da Cañiza, de 41 anos, perdeu a vida esta tarde tras sufrir unha accidente co seu vehículo na estrada de Prado cara ao Monte Galiñeiro, en Gondomar. A vítima foi localizada no exterior do turismo, polo que, posiblemente, saíu despedida do coche despois de chocar contra algún obxecto. Así o comunicaron ao 112 Galicia as testemuñas do accidente, que se produciu ás 17:30 horas desta tarde.

Enseguida, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia solicitou a intervención dos profesionais sanitarios que nada puideron facer por salvar a vida do home. Do mesmo xeito, pediuse a colaboración dos membros do GES do Val Miñor e dos axentes da Garda Civil de Tráfico co fin de coñecer as circunstancias nas que se produciu o sinistro.