Obradoiros gratuítos de cociña e caligrafía chinesa no Centro Sociocomunitario de Baiona

O Centro Sociocomuntario de Baiona acollerá a próxima semana dous obradoiros de promoción da cultura chinesa. O primeiro, de cociña, mostrará deliciosos pratos chineses, o martes 24 de xullo ás 11:00 da mañá, mentres que no segundo, que se celebrará o xoves 27 tamén ás 11:00, os asistentes coñecerán a arte da súa escritura nun obradoiro de caligrafía chinesa. As inscricións poden realizarse no teléfono 695 470 006 ou no correo electrónico liligrandal@gmail.com. A participación é gratuíta. Prazas limitadas.

Anuncios