Nigrán celebra por terceiro ano as vodas celtas do Lugnasad

A Asociación Cultural Breogán Valle Miñor, con May de la Peña e Paulo Conde xunto ao CCR Parada do Miñor, organizan a III Festa Celta do Lugnasad (na honra ao deus celta Lug) que se celebra o sábado 28 e domingo 29 de xullo ás 20:00 horas na Área Recerativa Monte dos Mouros (Monte Castelo).

O evento é gratuíto e a entrada é libre, pero coma sempre, prégase aos asistentes que vaian vestidos para a ocasión, con vestimentas celtas.

Programa:

Sábado 28
20.00 Apertura da festa co grupo de gaitas e percusión Breogán Valle Miñor
Xogos para nenos e nenas
22.00 Actuación folk Gonzalo Caride
23.00 Vodas Celtas
00.00 Música e festa

Domingo 29
11.00 Entrada dos grupo Treboada de Pinzás
Xogos para nenos e nenas
12.00 Actuación do grupo de gaitas e percusión Breogán Valle Miñor
13.00 Exhibición de cetrería
14.00 Degustación de migas con chourizo
17.00 Exhibición de cetrería
19.00 Peche da festa

As vodas celtas son o prato forte do Lugnasad

Neste ano todas as parellas anotadas casarán nun ritual celebrado polo druida Dani e gozarán dunha queimada de balde á que estará invitado despois o resto do público. Nestas vodas o compromiso dura un ano, ata o vindeiro Lugnasad, e se non se renovan os votos o matrimonio desfaise. Nas antigas culturas célticas facíase sobre todo para probar a convivencia da parella. Tampouco hai que esquecer que daquela a muller ía ás guerras como os homes, e estas dábanse sobre todo no verán, polo que se un dos dous morría, o outro membro podía casar de novo e pasar coa nova parella o duro inverno.

O ano pasado casaron quince parellas

Na segunda edición da Festa Celta do Lugnasad casaron unhas quince parellas vidas de todas partes de Galicia. Naquela ocasión celebráronse na praia de Patos.

Toda a información para anotarse no Facebook Festa Celta Nigrán.

2018-07-19 - 13912687_140369779738546_5110900034550848469_n

Anuncios