Inscricións abertas para participar na Gladiator Kids de Gondomar

O Concello de Gondomar, a través da Concellería de Deportes e a Oficina de Información Xuvenil, organiza o vindeiro domingo 5 de agosto ás 19:30 horas no Parque das Ánimas a Gladiator Kids Family Edition, unha proba de obstáculos para nenos e nenas de 3 a 10 anos (acompañados dun adulto) con diferentes niveis de dificultade.

A Gladiator Race non é só para adultos, os máis pequenos da casa tamén terán a oportunidade de gozala. Pero non o farán sós, vivirán a aventura acompañados do seu pai, nai ou titor. Deseñaranse dous percorridos diferentes para nenos de idades comprendidas entre os 3 e 5 e os 6 a 10 anos, con diferentes obstáculos adaptados ás súas características.

Será obrigatorio que o adulto que o acompañe sitúese sempre por detrás do menor e será imprescindible o respecto e o FairPlay, quedando prohibidas accións como empuxar, gritar, insultar ou arrastrar.

As inscricións xa se poden realizar de maneira gratuíta cun límite de 400 inscritos (200 nenos acompañados de 200 adultos). O rexistro pode formalizarse na web de Champion Chip Norte.

Anuncios