Os gondomareños Juanjo Rodríguez e Estrella Rocha gañan o 3º Rally Legends Luso Bussaco

Os días 14 e 15 de xullo celebrouse o 3º Rally Legends Luso Bussaco, unha proba de carácter deportivo e social que contou coa participación de 53 vehículos históricos, sport e open. Consistiu en dúas pasadas ao tramo de Monte Novo na tarde do sábado, outras dúas pola noite á SS César Torres, polo centro da poboación de Luso, e dúas pasadas o domingo pola mañá á Pendurada do Bussaco, mítico tramo do Rally de Portugal.

Os gondomareños Juanjo Rodríguez e Estrella Rocha conseguiron a vitoria na xeral, dando espectáculo co seu tremendo Ford Escort MK II e facendo as delicias do público asistente. O equipo de Gondomar ocupou o primeiro posto da clasificación cun tempo de 28:54. Paolo Diana e Francesco Fresu, cun FIAT 131 Abarth, foron segundos cun tempo de 29:04, e António Nunes e Filipe Fernandes, co seu Mitsubishi EVO V e un tempo de 29:22, terceiros.