A Praza do Concello de Baiona acollerá este xoves 19 de xullo o concerto do Coro Xuvenil e da Coral Polifónica San Lourenzo de Belesar. O evento, incluído na programación cultural e de lecer Baiverán 2018 organizada pola Concellería de Cultura, comezará ás 23:00 horas.
Concerto do Coro Xuvenil e da Coral Polifónica San Lourenzo de Belesar en Baiona

