A carne de boi “made in Nigrán”, xa á venda en Valença

Argentino Alborés e Ricardo González xunto o exemplar de Rubia Galega.

A carne dun dos bois criados en Parada por Argentino Alborés Cima poderase adquirir desde hoxe na carnicería Talho dos Galegos de Valença do Minho, en Portugal. O pasado xoves a granxa situada en Nigrán recibía a visita de Xacobe Pérez Paz, xuíz nacional de Rubia Galega, e Ricardo González Moreira, propietario do establecemento luso, xusto antes de que o exemplar puxese rumbo cara ao matadoiro de Xinzo. Ata o 28 de xullo poderanse comprar alí diferentes carnes de boi desde os 6 euros o quilo, unha oportunidade única para poder degustar auténtico boi galego.

Os dous fantásticos exemplares de 8 e 9 anos e uns 900 quilos cada un foron criados con esmero e alimentados con fariña de millo e heno, todo de forma natural, durante os últimos catro anos. Argentino leva case unha década dedicándose á cría deste rumiante na súa propia casa. A experiencia que adquiriu durante os anos que traballou nunha sala de despezamento, levoulle a forxar un proxecto que consistía na apertura dunha carnicería para vender alí carne da súa “colleita”. Finalmente a súa idea interrompeuse cando comezou a traballar nunha empresa de automoción aínda que xa tiña construídas e acondicionadas as cuadras. Actualmente compaxina o seu emprego coa cría de boi para a venda, ademais doutro tipo de animais para autoconsumo.

Aínda que se trata dunha carne moi valorada, os chuleteiros chegan con facilidade a roldar os 100 euros por quilo, non é demasiado rendible se non se dispón da maquinaria e colleita para alimentalos de maneira natural. Ao traballo diario hai que sumarlle as visitas periódicas dos veterinarios, ademais de dous desparasitacións por ano e as inspeccións da Xunta. Este punto é de vital importancia xa que son eles quen lle outorga a autorización necesaria para a súa venda, chamada carta verde. Cos beneficios, este veciño de Nigrán comprará dúas novas crías para empezar de novo.

2018-07-18 - 37023405_10211702954238987_7565346791802011648_n

Anuncios