O gondomareño Mario Muñoz, novamente campión de Europa

O preparador físico de Celta Zorka, Mario Muñoz, veciño de Gondomar, proclamouse campión de Europa coa selección española U20 no campionato disputado en Sopron (Hungría). O combinado nacional, dirixido polo vigués e ex técnico do club, Miguel Méndez, ofreceu un baloncesto sólido e sen fisuras, converténdose no mellor equipo do torneo.

Muñoz, madrileño de nacemento que se namorou do Val Miñor e quedou aquí para fundar a súa familia hai máis de 20 anos, acumula con esta a súa décimo cuarta medalla en campionatos internacionais con seleccións. Desde o seu inicio en 2004, dez medallas de ouro completan a súa excelente bagaxe que crece verán tras verán.

2018-07-17 - 29579559098_7a2b2384c8_o

Anuncios